viernes, 26 de abril de 2024

CAIXAS 📦 E BOTELLAS 🍶

 Aquí unha das propostas que facemos coas crianzas con material de refugallo. As caixas de cartón son sempre un acerto, un material moi versátil, co que podemos deixar voar a imaxinación. Neste caso aproveitamos as caixas nas que traen, a froita e as hortalizas para a escola. Tamén empregamos garrafas de auga. Este curso para xerar menos plástico cmabimaos as botellas de auga por garrafas. Foi unha proposta coa que estiveron moi entretidas, puidemos traballar conceptos como dentro- fora, coordinación metendo as botellas en caixas, motricidade entrando, saindo, subindo derriba e saltando. Tamén da pe a xogos grupais nos uqe se favorece a interacción entre as crianzas. 

Aqueles momentos de xogo mais significativos veñen de momentos como estes.





miércoles, 24 de abril de 2024

COIDAMOS DOS AMORODOS 🍓🍓🍓

 Xa vos contamos que nun dos nosos hortos plantamos amorodos, tocamos coidar deles, que non no los coman os paxaros e por suposto regalos. Saiímos cun grupiño pequeno de crianzas a regar. Tamén aproveitamos que estamos en faena para regar as nosas aromáticas, o perixel, a menta, o tomillo,o orégano...



martes, 23 de abril de 2024

OS CÍTRICOS 🍋 🍊

 Pouquiño a pouco seguimos probando cousas novas, neste caso experimentamos con cítricos 🍋🍊. Ulimos, exprimimos, probamos... e así imos aprendendo e coñecendo o noso entorno.




martes, 16 de abril de 2024

XARDÍN AROMÁTICO🌱🌿🪻

 Aquí vos deixamos unha fotiño do noso XARDÍN AROMÁTICO.Dándolle continuidade o proxecto ano tras ano fumos conseguindo ter un xardín con tomillo, romero, perixel, menta, orégano e lavanda. Para este curso incorporaremos algunha plantiña mais. Este xardín sírvenos como recurso sensorial, pois con estas aromáticas, facemos diferentes actividades que vos iremos ensinando. A parte diso temos que coidalo, votarlle auga para que non se sequen as plantas, sacar as malas herbas, sacar as ramiñas secas que xa non valen. Seguiremosvos falando del😉



lunes, 15 de abril de 2024

OS RECUNCHOS VERDES 🌳🌳

 Temos a sorte de ter dentro dos espazos da escola diferentes recunchos naturais, estes irémosvolos amosando mais adiante. Hoxe queremos animarvos a aproveitar as posibilidades que da a natureza, sinplemente. É fantastico pasear poloa prados e os montes, para traballar cos e cas pequenos a motricidade grosa. O feito de ser un chan con diferentes niveis, fai que se desenvolva o equilibrio, gañan seguridade nos desplazamentos, caen e volven alevnatrase. Un paseo é unha forma de xogo maravillosa.




viernes, 12 de abril de 2024

DESCUBRINDO OLORES

 As crianzas da aula de Bígaras tiveron un obradoiro con bolsiñas de olores. Desta vez tocou oler laranxas, limóns, canela, café, laurel... Despertou a sua curiosidade, cada vez mostran mais interese polo entorno próximo. 🍂🍊🍋☕




jueves, 11 de abril de 2024

OS PEUQERRECHOS VISITAN O XRADÍN DAS 💐

 Os máis pequenos da escola aproveitando o bo tempo saimos ao xardín e descubrir a nosa entorna.. gatexamos sobre a herba, miramos os caracois, ulimos flores... repetiremos seguro 🙂





miércoles, 10 de abril de 2024

PLANTAMOS ALLOS 🧄🧄🧄

 En plena campaña de plantación nos atopamos na escola. As crianzas de Centolas estiveron traballando cos allos. Para poder plantalos tiñan moito traballo que facer. Comezaron separando os dentes d acabeza e pelandoos. Tamén tiveron que preparar o bancal e as macetas nas que os ían plantar, había que sacar o resto dos repolos e limpar a terra. Unha vez feito isto plantaron os allos metendooa en furadoños que taparon cun pouco de terra e votáronlle un pouco de auga. Agora a coidar e agardar a que saian eses ricos alliños.







martes, 9 de abril de 2024

PLANTAMOS LENTELLAS

 Esta vez tócalle o turno ás crianzas da aula de Meigas. Con material de refugallo, neste caso latas, crearon unhas macetas que decoraron acorde o que ían plantar nelas. Empregaron lentellas para poñer no exterior. Encheron con terra, votaron unha presasiña de lentellas e un chisco de auga. Tocou agardaruns días para ver como saian unhas pequenas herbas. Agora toca seguir coidando esas plantiñas.



lunes, 8 de abril de 2024

IMOS Ó SÚPER

Cun pouco de imaxinación podemos crear recunchos que despertan o interese das crianzas. Nesta ocasión pedimos ás familias que nos trouxesen envases valeiros de productos que se mercan no súper. Vemos que podemos mercar ovos, azucre,galletas, hortalizas... Non é preciso gastar diñeiro, polo xeral os xogos desestructurados son do agrado das crianzas, disfrutan e axudan a imaxinar as distintas posibilidades. Neste caso algún mercou e levou a compra no camión, outro empregou o carriño...Toca seguir imaxinando novas propostas!!



 

viernes, 5 de abril de 2024

QUE LLES PASOU AS FLORES?

 Pois como ven sendo habitual estes días na escola, coa chegada da primavera, as diferentes aulas seguimos facendo propostas con 💐🌸🌼. Esta vez moitas delas estaban conxeladas, dentro do xeo polo que non as podíamos tocar como as outras. Co xeo molláronsenos as mas, aproveitamos para refrescar a cara con ela, para peitearnos, para tocar coa lingua. Que frias están.




jueves, 4 de abril de 2024

PROBAMOS ?

 Os e as pequerrech@s, están descubrindo novos sabores, pasan de ser lactantes ós purés, polo que hoxe as suas profes lles puxeron para provar, ver as cores, as texturas, as formas de distintas verduras, xudias, repolo, cabaza, cenoiras... como é natural, ad primeiras veces, observaron, tiveron dúbidas á hora de tocar e probar...Por iso ofrecemos ás crinazas este tipo de actividades nas que as primeiras veces se mostran desconfiados, para pouco a pouco ir conseguindo que gañen seguridade para explorar o mundo que os rodea.



miércoles, 3 de abril de 2024

EXPERIMENTO: AUGA+ALGODÓN+FABAS???


 As crianzas da aula de Centolas estiveron experimentando. Que pasa se xuntamos un algodón, cun pouco de auga e lle poñemos unha faba? Pois ó primeiro nada, hai que agardar pero cun pouco de paciencia en poucos días da faba saen unhas raices e unhas folliñas que van medrando cara o ceo. Deste xeito podemos amosar as crianzas como nacen e medran as plantas dun xeito visual, podendo observar a raíz, e como vai medrando.

martes, 2 de abril de 2024

OLLAMOS, TOCAMOS E SABOREAMOS

 Visto o exito que tivo a experimentación co repolo nos máis pequenos decidimos seguir probando cousas novas. Nesta ocasión probamos con verdura, cabaza, cabaciño, cenoira, coliflor, berenjena que comemos normalmente nos purés pero en crú... disfrutamos un montón das cores, texturas e sabores 😋😋




lunes, 1 de abril de 2024

DÁMOSLLE UN NOVO AIRE Á ESCOLA

 Cambiamos de estación polo que cambiamos de decoración nos espacios comúns da escola. Para facelo creamos bichiños, paxariños, flores con material de refugallo. Empregamos redes que levan tempo na escola para diferentes actividades. Deste xeito fomentamos a reciclaxe, o vocabulario, a observación...