Aquí vos deixamos unha fotiño do noso XARDÍN AROMÁTICO.Dándolle continuidade o proxecto ano tras ano fumos conseguindo ter un xardín con tomillo, romero, perixel, menta, orégano e lavanda. Para este curso incorporaremos algunha plantiña mais. Este xardín sírvenos como recurso sensorial, pois con estas aromáticas, facemos diferentes actividades que vos iremos ensinando. A parte diso temos que coidalo, votarlle auga para que non se sequen as plantas, sacar as malas herbas, sacar as ramiñas secas que xa non valen. Seguiremosvos falando del😉
No hay comentarios:
Publicar un comentario