miércoles, 10 de abril de 2024

PLANTAMOS ALLOS 🧄🧄🧄

 En plena campaña de plantación nos atopamos na escola. As crianzas de Centolas estiveron traballando cos allos. Para poder plantalos tiñan moito traballo que facer. Comezaron separando os dentes d acabeza e pelandoos. Tamén tiveron que preparar o bancal e as macetas nas que os ían plantar, había que sacar o resto dos repolos e limpar a terra. Unha vez feito isto plantaron os allos metendooa en furadoños que taparon cun pouco de terra e votáronlle un pouco de auga. Agora a coidar e agardar a que saian eses ricos alliños.







No hay comentarios:

Publicar un comentario