Este curso fixemos unha primeira toma de contacto coa terra da man de Gaia, o centro de educación medioambiental do Concello, que nos visitaron por motivo do día da Árbore. Así, os nenos/as puideron manipular e observar algunhas hortalizas como patacas, pementos e tomates e, ao abrir estes últimos, comprobar que dentro teñen sementes que podemos plantar.
Nesta ocasión, ofrecéronos diversas sementes de diferentes verduras, que as crianzas foron metendo na terra despois de que cada unha enchera a súa propia maceta. Tamén puidemos aprender como transplantar algunhas hortalizas xa medradas, neste caso brócoli, coliflor, acelgas e leitugas, e pasalas dun semilleiro a un tarro máis grande. Ao rematar, regamos as nosas macetas con abundante auga, xa que nos quedou claro que, para medrar, as plantas necesitan terra, auga e sol!
No hay comentarios:
Publicar un comentario