Aquí unha das propostas que facemos coas crianzas con material de refugallo. As caixas de cartón son sempre un acerto, un material moi versátil, co que podemos deixar voar a imaxinación. Neste caso aproveitamos as caixas nas que traen, a froita e as hortalizas para a escola. Tamén empregamos garrafas de auga. Este curso para xerar menos plástico cmabimaos as botellas de auga por garrafas. Foi unha proposta coa que estiveron moi entretidas, puidemos traballar conceptos como dentro- fora, coordinación metendo as botellas en caixas, motricidade entrando, saindo, subindo derriba e saltando. Tamén da pe a xogos grupais nos uqe se favorece a interacción entre as crianzas.
Aqueles momentos de xogo mais significativos veñen de momentos como estes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario