martes, 14 de mayo de 2024

A bolboreta 🦋

 Onte cando Ana chegaba á escola recolleu unha bolboreta que estaba na entrada da escola, non podía voar. Déronlle auga con azucre, uns agarimos entre todos, e finalmente botou a voar! 🤗



REDEIRAS

 Nun pobo mariñeiro como o noso non podia faltar unha actividade para coser as redes. Estas redes foron doadas dende o porto hai uns anos. Nesta actividade traballamos a motricidade fina e a coordinación ollo-man. Temos uqe ir ensartando trapillo polos buratos da rede. As crianzas mais pequenas fano con panos de cores que axudna como estímulo visual e táctil ao tempo que traballan coas mans para ser cpaaces de sacar os panos da rede.





lunes, 13 de mayo de 2024

CREAMOS ARTE 🍂🍀🍂

 Hoxe tocou ser artistas, crear con elementos naturais, neste caso folliñas que recollemos na escola. Miramos as formas, as cores, hulimos, a escola todo cheiraba a eucalipto, rachamos... e así creamos a primeira obra  da nosa Galeria de Arte. 




miércoles, 8 de mayo de 2024

MEDRARON OS CESPINS 🌿

 Xa vos contamos que plantamos en botes de iogurt herba de gato. Escollimos herba de gato porque é moi vistosa e medra moi rápido. Despois de tela nas aulas, observar como medraba e dándolle auga para que medrara chegou o momento de levalas para a casiña e seguir alí os coidados.



viernes, 26 de abril de 2024

CAIXAS 📦 E BOTELLAS 🍶

 Aquí unha das propostas que facemos coas crianzas con material de refugallo. As caixas de cartón son sempre un acerto, un material moi versátil, co que podemos deixar voar a imaxinación. Neste caso aproveitamos as caixas nas que traen, a froita e as hortalizas para a escola. Tamén empregamos garrafas de auga. Este curso para xerar menos plástico cmabimaos as botellas de auga por garrafas. Foi unha proposta coa que estiveron moi entretidas, puidemos traballar conceptos como dentro- fora, coordinación metendo as botellas en caixas, motricidade entrando, saindo, subindo derriba e saltando. Tamén da pe a xogos grupais nos uqe se favorece a interacción entre as crianzas. 

Aqueles momentos de xogo mais significativos veñen de momentos como estes.





miércoles, 24 de abril de 2024

COIDAMOS DOS AMORODOS 🍓🍓🍓

 Xa vos contamos que nun dos nosos hortos plantamos amorodos, tocamos coidar deles, que non no los coman os paxaros e por suposto regalos. Saiímos cun grupiño pequeno de crianzas a regar. Tamén aproveitamos que estamos en faena para regar as nosas aromáticas, o perixel, a menta, o tomillo,o orégano...



martes, 23 de abril de 2024

OS CÍTRICOS 🍋 🍊

 Pouquiño a pouco seguimos probando cousas novas, neste caso experimentamos con cítricos 🍋🍊. Ulimos, exprimimos, probamos... e así imos aprendendo e coñecendo o noso entorno.




martes, 16 de abril de 2024

XARDÍN AROMÁTICO🌱🌿🪻

 Aquí vos deixamos unha fotiño do noso XARDÍN AROMÁTICO.Dándolle continuidade o proxecto ano tras ano fumos conseguindo ter un xardín con tomillo, romero, perixel, menta, orégano e lavanda. Para este curso incorporaremos algunha plantiña mais. Este xardín sírvenos como recurso sensorial, pois con estas aromáticas, facemos diferentes actividades que vos iremos ensinando. A parte diso temos que coidalo, votarlle auga para que non se sequen as plantas, sacar as malas herbas, sacar as ramiñas secas que xa non valen. Seguiremosvos falando del😉



lunes, 15 de abril de 2024

OS RECUNCHOS VERDES 🌳🌳

 Temos a sorte de ter dentro dos espazos da escola diferentes recunchos naturais, estes irémosvolos amosando mais adiante. Hoxe queremos animarvos a aproveitar as posibilidades que da a natureza, sinplemente. É fantastico pasear poloa prados e os montes, para traballar cos e cas pequenos a motricidade grosa. O feito de ser un chan con diferentes niveis, fai que se desenvolva o equilibrio, gañan seguridade nos desplazamentos, caen e volven alevnatrase. Un paseo é unha forma de xogo maravillosa.




viernes, 12 de abril de 2024

DESCUBRINDO OLORES

 As crianzas da aula de Bígaras tiveron un obradoiro con bolsiñas de olores. Desta vez tocou oler laranxas, limóns, canela, café, laurel... Despertou a sua curiosidade, cada vez mostran mais interese polo entorno próximo. 🍂🍊🍋☕




jueves, 11 de abril de 2024

OS PEUQERRECHOS VISITAN O XRADÍN DAS 💐

 Os máis pequenos da escola aproveitando o bo tempo saimos ao xardín e descubrir a nosa entorna.. gatexamos sobre a herba, miramos os caracois, ulimos flores... repetiremos seguro 🙂





miércoles, 10 de abril de 2024

PLANTAMOS ALLOS 🧄🧄🧄

 En plena campaña de plantación nos atopamos na escola. As crianzas de Centolas estiveron traballando cos allos. Para poder plantalos tiñan moito traballo que facer. Comezaron separando os dentes d acabeza e pelandoos. Tamén tiveron que preparar o bancal e as macetas nas que os ían plantar, había que sacar o resto dos repolos e limpar a terra. Unha vez feito isto plantaron os allos metendooa en furadoños que taparon cun pouco de terra e votáronlle un pouco de auga. Agora a coidar e agardar a que saian eses ricos alliños.







martes, 9 de abril de 2024

PLANTAMOS LENTELLAS

 Esta vez tócalle o turno ás crianzas da aula de Meigas. Con material de refugallo, neste caso latas, crearon unhas macetas que decoraron acorde o que ían plantar nelas. Empregaron lentellas para poñer no exterior. Encheron con terra, votaron unha presasiña de lentellas e un chisco de auga. Tocou agardaruns días para ver como saian unhas pequenas herbas. Agora toca seguir coidando esas plantiñas.