Pois aquí comeza a nosa aventura!!! Imos coa presentación. Somos a Escola Infantil de Burela, estamos aquí arriba a carón do mar, un dos elementos que marca a nosa tradición, o mar, a Pena Burela, o Monte Castelo, a Marosa, forman parte do noso pobo e do noso ser.
Levámos moitos anos participando no Proxecto de Voz Natura e este ano quixemos facelo eixe vertebrador de moitas das experiencias que imos vivir ó longo deste curso. A través deste blogue irémosvos contando cousiñas que imos facendo coas crianzas, as familias facendo chegar o noso traballo un pouquiño mais lonxe e poñendo o noso gran de area na procura dos obxectivos que Voz Natura ten como proxecto. Sen mais dilación, subide abordo que zarpamos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario