jueves, 21 de septiembre de 2023





ROTEIROS BONITOS
DÍA INTERNACIONAL SEN COCHES
Proxecto Voz Natura

 Con motivo do Día Internacional sen coches preparamos este pequeno proxecto para convidar ás familias a facer uns roteiros acompañados polas crianzasa, roteiros que permiten desfrutar de espazos naturais, con áreas recreativas, donde os sentidos teñen un papel importante polas vistas, os sons, os olores... Animádevos a que a natureza forme parte do voso tempo de ocio.

https://www.voznatura.com/calendario-19-CALENDARIO-09--Castellano

miércoles, 20 de septiembre de 2023


 Estes días non están sendo sinxelos na escola, os comezos de curso sempre son complicados, nos períodos de familiarización xúntase un cúmulo de emocións,  con primeiras veces, separacións, choros, culpabilidade...Por iso queremos dar as gracias ás familias, por depositar en nós esa confianza que nos transmiten deixando que formemos parte da vida dos seus seres mais queridos.

Nestes días contamos cun aliado que sempre axuda a calmar eses disgustos de separación, o ESPACIO, sí así en maiúsculas. A nosa escola conta cuns espacios privilexiados que vos iremos ensinando. Uns dos que botamos man especialmente nestes días son as zonas verdes da escola, donde ímos coas crianzas ver as árbores, chamar os paxaríños, coller follas...Son lugares que sempre nos axudan a transmitir esa paz e calma tan necesarias nestes días. 

lunes, 18 de septiembre de 2023


 Pois aquí comeza a nosa aventura!!! Imos coa presentación. Somos a Escola Infantil de Burela, estamos aquí arriba a carón do mar, un dos elementos que marca a nosa tradición, o mar, a Pena Burela, o Monte Castelo, a Marosa, forman parte do noso pobo e do noso ser. 

Levámos moitos anos participando no Proxecto de Voz Natura e este ano quixemos facelo eixe vertebrador de moitas das experiencias que imos vivir ó longo deste curso. A través deste blogue irémosvos contando cousiñas que imos facendo coas crianzas, as familias facendo chegar o noso traballo un pouquiño mais lonxe e poñendo o noso gran de area na procura dos obxectivos que Voz Natura ten como proxecto. Sen mais dilación, subide abordo que zarpamos!!!