Onte cando Ana chegaba á escola recolleu unha bolboreta que estaba na entrada da escola, non podía voar. Déronlle auga con azucre, uns agarimos entre todos, e finalmente botou a voar! 🤗
martes, 14 de mayo de 2024
REDEIRAS
Nun pobo mariñeiro como o noso non podia faltar unha actividade para coser as redes. Estas redes foron doadas dende o porto hai uns anos. Nesta actividade traballamos a motricidade fina e a coordinación ollo-man. Temos uqe ir ensartando trapillo polos buratos da rede. As crianzas mais pequenas fano con panos de cores que axudna como estímulo visual e táctil ao tempo que traballan coas mans para ser cpaaces de sacar os panos da rede.
lunes, 13 de mayo de 2024
CREAMOS ARTE 🍂🍀🍂
Hoxe tocou ser artistas, crear con elementos naturais, neste caso folliñas que recollemos na escola. Miramos as formas, as cores, hulimos, a escola todo cheiraba a eucalipto, rachamos... e así creamos a primeira obra da nosa Galeria de Arte.
miércoles, 8 de mayo de 2024
MEDRARON OS CESPINS 🌿
Xa vos contamos que plantamos en botes de iogurt herba de gato. Escollimos herba de gato porque é moi vistosa e medra moi rápido. Despois de tela nas aulas, observar como medraba e dándolle auga para que medrara chegou o momento de levalas para a casiña e seguir alí os coidados.