miércoles, 27 de marzo de 2024

TRASPLANTAMOS XERANIOS🌸

 As crianzas das aulas de dous a tres anos aproveitaron o día de soliño para trasplantar xeranios de diferentes cores. Tiveron que encher as xardineiras con terra, ter coidado de non romper as plantas, aproveitar a auga que recollemos no bidón da " Auga da choiva" e finalmente colocalas nas celosias para ter unha escola ben bonita.



martes, 26 de marzo de 2024

CHEGA A PRIMAVERA A AULA DE XOUBAS

 Coa chegada da primavera, as profes de xoubas pediron a colaboración das familias para que, aproveitandoos paseos no tempo de lecer, recollesen flores efacer así unha proposta sensorial, con diferentes flores, con cores, olores...






lunes, 25 de marzo de 2024

COÑECEMOS A TERRA

 Os mais pequeniños da escola anímanse a coñecer a terra, que mellor xeito de facelo que manipulandoa, así xoñecen a textura, a cor, o olor...Aproveitando o bo gempo fan ezta actividade no exterior.



viernes, 22 de marzo de 2024

TORTU, A NOSA NOVA COMPI🐢

 Ola, temos nova compi 🐢. Dende fai uns días acompáñanos Tortu na escola. O que quere dicir que temos que ser responsables, darlle de comer todos os días, vixiar que non quede comida na auga, que a auga esteña limpia, sacala ao sol. Para que esté nas mellores condicións temos un calentador de auga, xa que non lle gusta que esté fría, unha bomba de filtración para ter a auga o mais limpia posible, comida  axeitada para a súa dieta e unha pastilla de calcio para o seu caparazón. 

Este xoves viñeron a visitala as nenas e nenos do Reino das Tartarugas.

Tortu é unha afortunada de que a coiden tanto.








jueves, 21 de marzo de 2024

TRASPLANTAMOS CARAVEIS

 Coa chegada da primevera toca traballar coas flores. Nesta ocasión as crianzas da aula de Nécoras transplantaron caraveis nas xardineiras que están a carón da sua clase. Deste xeito terán que regalos, ver como medran e cando xa teñan flores suficientes aproveitalas xunto coas crianzas das outras aula para facer obradoiros sensoriais. As flores permiten traballar o sentido, polas cores, os olores, e tamén a motricidade fina, sacndo os pétalos...






miércoles, 20 de marzo de 2024

VISITA SORPRESA 🕸️

 Hoxe mentres tiñamos unha sesión de xogo heurístico, visitounos Patas Gordas 🕷️, algunhas das crianzas déronse conta desta visita e quedaron observando haber para onde ía, parecía que quería subir ó pé de Olivia, Miren quería tocala, case sube por unha pelota... A observación do entorno lévanos a estas cousiñas.





martes, 19 de marzo de 2024

A NOSA CASIÑA

 Na escola somos moi dadas a aproveitar todo, as de infantil somos así, nos din moitas veces jeje. Aquí vos deixamos un cambiador transformado en casiña, cuns cartóns e un fular María fixo unha casiña, na que lle encanta agocharse ás cianzas, xogar o cu- cu... Moitas gracias María



lunes, 18 de marzo de 2024

ARRINCAMOS AS CENOIRAS DA HORTA

Na aula de Cariocas seguimos super motivadas/os coas plantacións! Pero a de hoxe foi un pouco "peculiar"... Maxicamente medraron unhas cenorias enormes e moi lustrosas na horta da escola e fúmolas recoller... Que alegría tirar do tallo e atopar a cenoira baixo a terra! Despois de asegurarnos de que non quedaba ningunha, aproveitamos para manipulalas, arrincar os tallos, e finalmente pelalas para poder facer un zume entre todos. Que fresquiño e que rico estaba!




viernes, 15 de marzo de 2024

AIREAMOS A TERRA

 Despois de sacar as malas herbas, tocou remover a terra para aireala. Deste xeito suministrámoslle osíxeno, suavizamos a capa superior para que prendan mellor as raíces das freseiras, tomateiras e cabaciños  que imos transplantar e melloramos a filtración.




jueves, 14 de marzo de 2024

EXPERIMENTAMOS CO REPOLO

 Os máis pequenos da escola, estamos comezando a experimentar con elementos do entorno máis próximo, non hai mellor maneira de aprender!!

Nesta ocasión, aproveitando o repolo que tiñan de excedente os maiores da aula de Cariocas, experimentamos con el. Manipulamos, ulimos, cortamos en cachiños pequenos,... e como non podía ser de outro xeito tamén o probamos 😋😋




DÁMOSLLE DE COMER AOS CARACOIS DA ESCOLA


Traballando a partires do conto de O Coelliño Branco, esta mañá na aula de Cariocas experimentamos con coles e leitugas, como as que tiña el na súa horta! Primeiro desfollámolas, cortámolas con coitelos, e finalmente gardámolas todas para darllas de comer aos nosos amigos caracois. Por iso, cargados coa nosa caixa chea de coles, nos fumos de excursión! Atopamos un montón de caracois nos espazos verdes da escola, e con moito coidadiño, colocámolos entre as follas para que lles serviran de alimento. Foi moi entretido observar como, contentos, sacaban os corniños e se daban un bo festín!




miércoles, 13 de marzo de 2024

COMEZAMOS COAS PLANTACIÓNS

 Aproveitando que estes días Lorenzo se deixa ver, comezamos cos traballos de limpeza dos bancais. Saímos coas crianzas arrincar as malas herbas para preparar o terreo, sacamos algun caracol e puxémolo no campo, apartamos algunhas pedras...Algúns anímanse a pisar a terra, a manchar as mans, outros prefiren observar, ver o que pasa se se manchan as mans...






O NOSO REFUXIO

 Coa chegada do bo tempo aproveitamos e puxemos os nosos amigos caracois ó sol, e fixemos un tenderete para nós para cubrirnos do sol coas lonas coas que protexemos a terra para que non salgan malas herbas. Un éxito total!!!




martes, 12 de marzo de 2024

OS CARACOIS III

 O noso proxecto dos caracois chega a súa fin. Estamos moi contentas coa implicación das familias, colaborando na elaboración de caracois con material de refugallo, adicando uns minutiños a observar e conversar sobre estes pequenos bichiños coas súas fillas e fillos. As crianzas mostraron interese, e cando o caracolario deixou de estar na escola preguntaron por el. Os mais maiores xa están a traballar nos bancais para fcaer as plantacións e hoxe atopáronse cunha sorpresa, o levantar o plástico que cubría a terra, un montón de caracois estaban alí.  Voltaron o seu medio natural, alí pretiño nunha das zonas verdes da escola. 










DÍA DA ÁRBORE

 Este curso fixemos unha primeira toma de contacto coa terra da man de Gaia, o centro de educación medioambiental do Concello, que nos visitaron por motivo do día da Árbore. Así, os nenos/as puideron manipular e observar algunhas hortalizas como patacas, pementos e tomates e, ao abrir estes últimos, comprobar que dentro teñen sementes que podemos plantar. 

Nesta ocasión, ofrecéronos diversas sementes de diferentes verduras, que as crianzas foron metendo na terra despois de que cada unha enchera a súa propia maceta. Tamén puidemos aprender como transplantar algunhas hortalizas xa medradas, neste caso brócoli, coliflor, acelgas e leitugas, e pasalas dun semilleiro a un tarro máis grande. Ao rematar, regamos as nosas macetas con abundante auga, xa que nos quedou claro que, para medrar, as plantas necesitan terra, auga e sol!




PAPEL TRITURADO

 Aproveitando que tiñamos que destruir alguns documentos, trituramos o papel na trituradora que noa prestou Nerea e montamos unha actividade no cubo sensorial. Con papel hixiénico cubrimos a parte superior a modo de teito deixando que parte del uqedase colgando. O papel triturado puxémolo polo chan e acompañámolo dunhas bandexas nas que poser meter e sacar. Observando a participación das crianzas vemos que hai a quem lle encantou e disfrutou un montón tirandoo polos aires, cubríndose con el, poñéndollo na cabeza os demais e por outro lado están os e as mais desconfiados, ante un material que non coñecen nesa forma, preferindo observar dende a distancia.




viernes, 8 de marzo de 2024

OS CARACOIS II

 Seguimos contándovos sobre o noso proxecto dos caracois. Está tenso moi boa acollida, podemos traballar a observación, a linguaxe, comentamos o que fan, a onde suben, se comeron...Temos coidado cando estan no chan de non pisalos. É un recuncho donde moitas familias se paran á entrada ou saída da escola, cos e cas peques, cantan algunha canción " caracol col col..." Estanos gustando moito!!




jueves, 7 de marzo de 2024

A choiva!!!

 Aquí vos amosamos o noso bidón para a recollida das pingas de auga. A auga é un ben que debemos coidar, polo que aínda que nestes días non nos faga falta regar os diferentes bancais, e plantas que temos na escola, estamos aproveitando para recoller a auga da choiva nun bidón para cando deixe de chover e teñamos que regar poder utilizala.

Temos que dar as gracias a César, o noso "conserxe" particular que sempre colabora en todas as argalladas que lle expoñemos.

 


martes, 5 de marzo de 2024

OS CARACOIS


Temos novo proxecto para seguir traballando con Voz Natura.

Desta vez, os caracois van a ser os protagonistas e centro de inteŕes desta nova iniciativa para continuar coa nosa proposta medioambiental. 

O obxectivo é que as crianzas tomen conciencia do respecto e o coidado que debemos ter por outros seres vivos e da importancia que teñen estes no noso ecosistema.

Na entrada da escola instalamos un pequeno "caracolario" (un terrario no que poderan observar a estes moluscos), na que nos acompañarán uns días para despois retornalos ao seu hábitat.

Dispoñemos de información sobre estes pequenos amigos e contos que nos sirven como fíos conductores para achegalos ás crianzas de 0-3 e coñecelos mellor.

As familias podedes colaborar elaborando algún caracol con material de refugallo para decorar o noso recuncho dos caracois ou podedes achegarnos algunha imaxe si saides na procura dalgún ou os vedes cando pasades tempo de lecer xuntos no exterior.